12 de agosto de 2009

FESTA 4º ANIVERSARIO

Moncho Reboiras, a loita continúa !



Xosé Ramón Reboiras Noia, máis coñecido como Moncho Reboiras, nado en Imo (Dodro) o 19 de xaneiro de 1950 e asasinado en Ferrol o 11 de agosto de 1975, foi un militante nacionalista galego, membro da UPG.

Participou nun grupo dedicado a dotar á UPG de infraestruturas loxísticas, que incluía unha fronte armada que loitase contra a ditadura, un comando composto por un reducido número de persoas. O escaso armamento do que dispuña procedía do grupo portugués LUAR e adestraban no sur da provincia de Pontevedra. A primeira acción foi un atraco a un banco en Escairón. Identificado pola Garda Civil permanece oculto por un tempo. Cando se atopaba en Ferrol, onde se estaba a organizar a UPG, a Brigada Político Social (BPS) estabelece na noite do 11 de agosto de 1975 un control na zona de Canido. Ás 2 da mañá numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de 300 axentes da Policía Armada acordoaron o edificio onde se atopaba con 2 militantes máis, que lograron fuxir. Ao cabo de dúas horas a policía dá alcance a Reboiras no portal do número 27 da rúa da Terra, disparándolle varios tiros, un deles na caluga. A partir dese momento desátase un amplo operativo en toda Galiza coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a Portugal (xa trunfara a Revolución dos caraveis en abril de 1974) dun gran número de membros da UPG.

Actualmente está soterrado no cemiterio parroquial de san Xoán de Laíño, no concello de Dodro.

2 de julho de 2009

OBRADOIRO DE GUITARRA



Xa sabedes: o vindeiro luns, quedamos en Arrincadeira para falar déste novo obradoiro. Tod@s @s que esteades interesad@s, pasádevos ás 7 da tarde polo local.

15 de maio de 2009

17 de MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS




DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño...

Celso Emilio Ferreiro

11 de maio de 2009

XORNADA MOVEMENTO FEMINISTA GALEGO: AS LERCHAS


E aquí temos ó "Museo da tortura contra as mulleres" que montaron as Lerchas na Praza Maior. Logo a charla na que nos explicaron o qué fan; e o resultado da "enquisa" : o resultado: tod@s enferm@s!!

7 de maio de 2009

XORNADA SOBRE O MOVEMENTO FEMINISTA GALEGO



Esta sexta-feira, venres, 8 de maio, xornada feminista en arrincadeira:
ás 19 horas o colectivo "lerchas" mostraranos o seu "museo" na praza maior
ás 20.30 no local de arrincadeira haberá unha charla a cargo do colectivo "as lerchas" e da Marcha Mundial das Mulleres
xornada mais que interesante, así que vemonos aló!!

29 de abril de 2009

Obradoiro de coiro


O mercores pasado empezamos un obradoiro de coiro, que impartirá Pilar; como continuación dos obradoiros de "manualidades", xa que, antes déste, viñamos facendo un obradoiro de calceta e ganchillo, que xa rematamos.

Se estades interesad@s, pasádevos o mércores a partir das 20:30 h polo local.

Se tendes algunha dúbida, escribídenos un correio a: arrincadeiragz@gmail.com

Saúdos!

11 de março de 2009

HOMENAXE Ó PACO "DO MORTO"



Dende Arrincadeira rendemos unha pequena Homenaxe a Paco do Morto (Francisco Alonso) o pasado mes de xaneiro, adicandolle un espazo dentro do noso local social, e colocando unha pequena "placa", obra de Arturo Gulin (fillo)

Recoñecemento máis que merecido por tantos anos de traballo e compromiso polo Ribeiro e por Galiza. Por ter traballado en tódolos eidos do asociacionismo na comarca e pola súa especial implicación na dignificacion do traballo no agro , no eido cultural e a súa participacion activa na vida política comarca.

E por suposto por ser tan autentico e colectivizar a C15 para calquera tipo de evento !

15 de janeiro de 2009

Concentración en apoio ao pobo Palestino II



Este sábado dia 17 de xaneiro, Arrincadeira convoca, por segunda vez, unha concentración en solidariedade co pobo Palestino. Non podemos parar o conflicto, pero tampouco podemos quedarnos calad@s ante o xenocidio que Israel está levando a cabo en territorio palestino.

Acude á concentración, e, se non podes, lembra que o día seguinte, o domingo 18, hai unha manifestacion a nivel nacional en Compostela.

(A ver se désta vez non lle pasa nada á faixa...)

8 de janeiro de 2009

III CAMPIONATO DE FUTBOLIN



O sábado 10 de xaneiro imos levar a cabo o III Campionato de Futbolín en Arrincadeira, a partires das 22:00 h. para que poidades vir comer un pincho e tomar un viño.
Haberá que pagar un précio simbólico para apuntarse ao campionato, e haberá premio para @s gañador@s.

Tamén haberá outra gran sorpresiña, que só veredes se vindes...

Vémonos!!

A velas vir, a velas vir, unha partida brava de futbolín!!

ARRINCADEIRA CON PALESTINA



O pasado domingo 4 de xaneiro, Arrincadeira organizou unha concentración en apoio do Pobo Palestino. O evento foi na Praza Maior de Ribadavia ás 7:30 do serán.
Levamos unha pancarta, lemos un comunicado e logo colgamos a pancarta nun balcon dunha casa na mesma Praza Maior, ao carón da Casa do Concello.
A concentración estivo ben, non houbo moita xente, pero tal vez sí máis da que esperabamos.
O noso agradecemento a tod@s @s que viñestes.


Ah, o día de Reis pola mañá, a pancarta xa non estaba no balcón. Non sabemos que pasou con ela...