15 de maio de 2009

17 de MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS




DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño...

Celso Emilio Ferreiro

11 de maio de 2009

XORNADA MOVEMENTO FEMINISTA GALEGO: AS LERCHAS


E aquí temos ó "Museo da tortura contra as mulleres" que montaron as Lerchas na Praza Maior. Logo a charla na que nos explicaron o qué fan; e o resultado da "enquisa" : o resultado: tod@s enferm@s!!

7 de maio de 2009

XORNADA SOBRE O MOVEMENTO FEMINISTA GALEGO



Esta sexta-feira, venres, 8 de maio, xornada feminista en arrincadeira:
ás 19 horas o colectivo "lerchas" mostraranos o seu "museo" na praza maior
ás 20.30 no local de arrincadeira haberá unha charla a cargo do colectivo "as lerchas" e da Marcha Mundial das Mulleres
xornada mais que interesante, así que vemonos aló!!