17 de junho de 2008
CHARLA SOBRE A REVOLUCIÓN BOLIVARIANA
Arrincadeira celebra unha charla-coloquio con D.Pedro Ugueto, Cónsul de Segunda da República de Venezuela, que nos falará da Revolución Bolivariana na Galiza. Este venres, dia 20 de xuño, ás 8 da tarde, no salón de plenos do Concello de Ribadavia.
Ao remate da charla-coloquio, terémos un serán no local social. Non faltedes!
PRINCIPIOS DA “ASOCIACION GALEGA DE AMIZADE COA REVOLUCION BOLIVARIANA” (AGARB)
A “Asociación Galega de Amizade coa Revolucion Bolivariana” (AGARB) é unha organización popular sen ánimo de lucro, encadrada nos parámetros da esquerda soberanista e anticapitalista galega, cuios principais obxetivos son:
1º- Difundir na Galiza o proceso revolucionario en curso na República Bolivariana de Venezuela.
2º- Apoiar a loita antiimperialista e a favor da construcción do socialismo néste país irmán.
3º- Procurar apoios e adhesións á causa bolivariana entre o pobo traballador galego.
4º- Impulsar proxectos de cooperación, intercambio, solidaridade e coñecemento mutuo entre o pobo galego e o pobo venezolano.
5º- Recuperar e difundir os históricos lazos de amizade entre a Galiza e Venezuela.
6º- Reforzar a loita antiimperialista e anticapitalista, pola soberanía nacional no camiño do Socialismo do século XXI.
Assinar:
Postagens (Atom)