5 de junho de 2010


Esta tarde, ás 20.30 na Praza Maior de Ribadavia, concentración en solidariedade co Pobo Palestino.

Non fiquemos indiferentes diante das agresións inxustificadas de Israel.
Non ás inxustizas!
Palestina Libre!!
Galiza con Palestina!

14 de maio de 2010

17 de maio. día das letras galegas





Este luns 17 de maio tod@s a Compostela!
Ou a Vilanova dos Infantes!

... deixa de Castela
os duros acentos:

falade, miniñas,

fade galego!!


Eduardo Pondal
Poesías Inéditas

12 de agosto de 2009

FESTA 4º ANIVERSARIO

Moncho Reboiras, a loita continúa !



Xosé Ramón Reboiras Noia, máis coñecido como Moncho Reboiras, nado en Imo (Dodro) o 19 de xaneiro de 1950 e asasinado en Ferrol o 11 de agosto de 1975, foi un militante nacionalista galego, membro da UPG.

Participou nun grupo dedicado a dotar á UPG de infraestruturas loxísticas, que incluía unha fronte armada que loitase contra a ditadura, un comando composto por un reducido número de persoas. O escaso armamento do que dispuña procedía do grupo portugués LUAR e adestraban no sur da provincia de Pontevedra. A primeira acción foi un atraco a un banco en Escairón. Identificado pola Garda Civil permanece oculto por un tempo. Cando se atopaba en Ferrol, onde se estaba a organizar a UPG, a Brigada Político Social (BPS) estabelece na noite do 11 de agosto de 1975 un control na zona de Canido. Ás 2 da mañá numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de 300 axentes da Policía Armada acordoaron o edificio onde se atopaba con 2 militantes máis, que lograron fuxir. Ao cabo de dúas horas a policía dá alcance a Reboiras no portal do número 27 da rúa da Terra, disparándolle varios tiros, un deles na caluga. A partir dese momento desátase un amplo operativo en toda Galiza coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a Portugal (xa trunfara a Revolución dos caraveis en abril de 1974) dun gran número de membros da UPG.

Actualmente está soterrado no cemiterio parroquial de san Xoán de Laíño, no concello de Dodro.

2 de julho de 2009

OBRADOIRO DE GUITARRA



Xa sabedes: o vindeiro luns, quedamos en Arrincadeira para falar déste novo obradoiro. Tod@s @s que esteades interesad@s, pasádevos ás 7 da tarde polo local.